E continúo con publicidade de imaxes duras que fan reflexionar sobre algún tema que preocupa na nosa sociedade. Neste caso:o consumo de tabaco.

Todos os anuncios intentan tocarnos no punto onde nos doe, para que así, durante un intre deixemos de facer o que estemos facendo e nos planteemos si merece a pena coller un pitillo. Que podedes decir do anuncio da rapaciña que fumaba non sei cantos paquetes ao día, porque era o equivalente a todo o fume contaminado que tiña que respirar do tabaco da xente que a rodea? Impresionante. Deixou a medio país coa boca aberta. E estou máis que segura de que moitos pais fuman menos diante dos fillos despois de ver ese anuncio, e os que o siguen facendo, síntense moito máis culpables.